Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Estanse a executar obras de remodelación dos vestiarios do campo de fútbol O Foxo de Caldelas cun investimento de 77 mil euros

6/07/2021

Créase un segundo vestiario. Fináncianse con cargo a baixas do Plan Concellos 2019.

Estes días estanse a executar as obras de remodelación dos vestiarios do campo de fútbol O Foxo de Caldelas.

Os traballos consisten tanto na remodelación completa dos vestiarios existentes coma na creación dun segundo vestiario tras reconverter a caseta que acollía a oficina e o almacén.

Deste xeito o Campo de Fútbol O Foxo, de herba sintética, empregado por distintos equipos de fútbol base tanto masculinos coma femininos pasa a contar con dous vestiarios co que se satisface as necesidades existentes ante a celebración de partidos de fútbol de xeito continuado nestas instalacións.

As obras foron adxudicadas á empresa Zona de Obra por un importe de 77.430,49€. Financianse con cargo as baixas do Plan Concellos de 2019. Está previsto que as obra rematen a finais deste mes de xullo.