Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Esta semana rematan as actividades do programa "Coñecendo e recreando a Uxio Novoneyra" da Concelleria de Educación

27/05/2010

ESTA SEMANA REMATAN AS ACTIVIDADES DA CONCELLERÍA DE EDUCACION DENTRO DO PROGRAMA  "COÑECENDO E RECREANDO A UXÍO NOVONEIRA"

 

 

Onte tivo lugar o último programa de radio no que os escolares de todos os CEIP de Tui leron o noso poeta, que comezou pola lectura de dous poemas por dúas nenas do CEIP de Rebordáns e terminou con dúas das aulas do CRA Mestra Clara Torres, con nenos entre 3 e 6 anos, que cantaron dous poemas de Uxío Novoneira musicados polo profesor de música, que tamén os acompañou á guitarra.

 

A semana pasada, finalizaron os roteiros poéticos, realizados no Monte Aloia, Río Tripes e Zona Monumental de Tui, cuxas fotografías están expostas no Edificio de Santo Domingo e no Blog http://educandoentuipasoapaso.blogspot.com/, pois estas actividades incluían un maratón fotográfico.

 

Tamén remataron as muiñadas, actividade na que os escolares do municipio fixeron sendeirismo e viron funcionar un dos muíños, baixo as explicacións de Alberto Romero, para obter a fariña de millo que despois se usou na preparación das papas por parte dos membros da Asociación de muiñeiros do Río Tripes. Finalmente todos os escolares degustaron as xa coñecidas papas de fariña.

 

Remataron tamén outras actividades como a exposición de ferramentas agrícolas antigas, un concerto do Conservatorio, recompilación de composicións por parte da poboación, que se expuxeron o día das Letras Galegas, etc...

 

Concluiremos cunha exposición sobre mulleres relevantes na cultura galega ao longo da historia que tamén se pode visitar en Santo Domingo esta fin de semana.