Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Esta fin de semana celébrase a I Mostra da Camelia Cidade de Tui

12/01/2016

A Sala de Exposicións Municipal, na Área Panorámica de Tui, acollerá esta fin de semana a I Mostra da Camelia Cidade de Tui. Nesta iniciativa colabora o Concello de Tui xunto á Deputación de Pontevedra e a Sociedade Española da Camelia.  

 A mostra está organizada por un grupo de tudenses amantes da camelia que convidan á público a participar tanto coa presentación de flores coma acudindo á exposición na fin de semana. Os interesados en aportar os seus exemplares teñen até mañá mércores para inscribirse.  O sábado a primeira hora da mañá será montada a exposición por parte dos participantes. Ás 13h está prevista a inauguración oficial. Poderá visitarse o sábado de 16.30h a 20h e o domingo de 10 a 14h e de 16 a 19.30h.