Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Entremáns presenta o espectáculo de danza contemporánea “Xoga” este sábado en Tui

13/11/2015

Xoves, 12 de novembro de 2015. O Teatro Municipal de Tui acolle este sábado, 14 de novembro, ás 19h o espectáculo de danza contemporánea "Xoga" da man da compañía Entremáns da Coruña.

Kirenia Celia Martínez e Beatriz Pérez son as creadoras, directoras e intérpretes deste espectáculo, con contido didáctico, sobre o funcionamento do noso corpo. Vai dirixido a público familiar e, especialmente, a rapaces/as de máis de 3 anos.  "Xoga" é un encontro didáctico que conxuga espazo escénico, audiovisual, música e danza, no que a diversión está garantida. Foi estreado o pasado 1 de marzo no Teatro Colón da Coruña.

As entradas están á venda en http://www.culturatui.info/ ata o sábado ás 13h, ou o sábado dende ás 18.30h no despacho de billetes ao prezo de 3,5€ e 2,5€.

Entremáns presenta o espectáculo de danza contemporánea "Xoga"

Data: Sábado, 14 de novembro, ás 19h

Lugar: No Teatro Municipal de Tui

Venda de entradas na web http://www.culturatui.info/ ata o sábado ás 13h ou o sábado dende ás 18.30h no despacho de billetes ao prezo de 3,5€ e 2,5€.