Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Entregada esta mañá unha "Mención de Honra" ao axente Manuel Bugallo

8/06/2011

ENTREGADA ESTA MAÑÁ UNHA MENCIÓN DE HONRA AO GARDA CIVIL D. MANUEL BUGALLO FERNÁNDEZ

 

Mércores, 8 de xuño de 2011. O Concello de Tui procedeu esta mañá á entrega ao Garda Civil D. Manuel Bugallo Fernández dunha Mención de Honra Especial concedida por una acordo unánime da Corporación Municipal do 28 de abril pasado. Esta distinción honorífica foille outorgada polo valor amosado por este axente no rescate que realizou dunha moza no río Miño o pasado 4 de abril, recoñecendo o seu valor e o seu esforzo no expresado rescate.

 

Hoxe tras o último pleno da Corporación Municipal o alcalde de Tui acompañado polo edís do Concello procedeu á entrega dunha placa onde se recolle esta “Mención honorífica especial”. Antonio F. Fernández Rocha destacou nas súas palabras  que “no rescate desta moza no río Miño hai unha serie de valores que o Concello de Tui quere destacar por medio da concesión desta Mención Honorífica Especial: o cumprimento do seu deber como servidor público a través das Forzas e Corpos de Seguridade, a súa entrega no seu desempeño do seu traballo e a súa xenerosidade e valentía”.

 

Tras a entrega da placa o axente Manuel Bugallo Fernández pronunciou unhas palabras de agradecemento por esta distinción en presenza da Corporación Municipal tudense e de diversas representacións da Garda Civil e Policía convidadas a este acto.