Entrega a AFAGA dun local na planta baixa da Antiga Escola de Chans
14/05/2015
Mañá venres, 15 de maio, ás 13.30h o Concello de Tui fará entrega das chaves dun local na planta baixa da antiga Escola de Chans en Randufe, a AFAGA, Asociación de Familiares do Alzheimer de Galicia, para levar cabo unha serie de accións que redundan na mellora da calidade de vida dos enfermos e as súas familias.
AFAGA poderá facer uso da planta baixa, de 110 m2 de superficie útil, mentres este espazo se atope sen uso.
Mañá no acto de entrega das chaves estarán presentes o alcalde de Tui, Moisés Rodríguez, a concelleira de Servizos Sociais, Olga Montes, e un representante de AFAGA.