Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Dulce Pontes presenta en Tui o seu último traballo “Momentos”

23/07/2010

A entrada é libre

Dulce Pontes presenta en Tui o seu último traballo “Momentos”

Será o sábado, 24 de xuño, ás 22.30h no Aparcamento Municipal

Xoves, 22 de xullo de 2010. A cantante portuguesa Dulce Pontes vai ofrecer un concerto o sábado, 24 de xullo, ás 22.30h no aparcamento municipal de Tui, na traseira da Área Panorámica, con entrada libre. Chega a Tui dentro da programación do Xacobeo 2010 “Camiña da Música” e ao abeiro da programación que promove a Concellería de Cultura de Tui.

Dulce Pontes vai presentar en Tui o seu último traballo discográfico titulado “Momentos” no que fai un compendio de 20 anos no mundo da música recompilando a tradición portuguesa e os sons doutras latitudes. Segundo explicaba a propia cantante “este é un disco feito de pasado, presente e futuro” que lle apunta un novo camiño.

                         Concello de Tui

Din dela que é a herdeira de Amália Rodrigues mentres que outros consideran que é a voz de Portugal. Agora en “Momentos” ofrece momento de intimidade, frenéticos, inesperados... así coma instantes únicos vividos nos escenarios ao longo da súa carreira.

Dende que en 1991 gañou o Festival Nacional da Canción en Portugal, e tras representar a Portugal no Festival de Eurovisión Dulce Pontes traballou na recuperación do fado tradicional, logrando reinventar algo que parecía morto. Ten colaborado amais neste tempo cos máis respectados compositores do século XX  coma Ennio Morricone, ou con outros artitas cona Andre Bocelli, Simone, Caetano Veloso ou Estrella Morente.

Este sábado en Tui fará disfrutar ao público dos momentos máis apaixoados de dúas décadas de carreira musical.

Dulce Pontes en Concerto

-          Sábado 24 de xullo ás 22.30h

-          No aparcamento municipal

-          Entrada libre