Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Dobre cita este sábado con Chíos no Teatro Municipal

14/10/2015

 

A estrea de teatro para bebés será este sábado 17 de outubro ás 17,30h e ás 19h

Mércores, 14 de outubro de 2015.  Esta fin de semana, dobre cita no Teatro Municipal de Tui, neste caso con teatro destinado especialmente para os bebés. Ás 17.30h terá lugar a primeira representación de Chíos, e ás 19h a segunda.

Dúas nenas xogan nun xardín de madeira onde todo é un bosque de sons e sensacións. Dous paxaros pequeniños chían para descubrir o mundo a través do xogo e das cancións. Chíos trata de poesía sensorial para bebés de 0 a 3 anos e pais/nais acompañantes, con cantigas, bailes ou xogos.

Venda de entradas o sábado 17 a 3€ e 2€ de 16:00h ata 17:30h para a 1ª función e de 17:30h a 19:00h para a 2ª representación no despacho de billetes do Teatro Municipal. Os que queiran mercalas antes poden facelo ó longo da semana na web www.culturatui.info. Unha vez iniciada a función non se permitirá o acceso ó Teatro.