Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Doazón de sangue hoxe venres e mañá sábado en Tui

18/03/2016

Unha unidade móbil  do Centro de Transfusión de Galicia (CTG), que forma parte da actual Axencia Galega de Sangue, Órganos e Tecidos, estará hoxe venres e mañá sábado na Praza de Galicia en Tui. Poderase doar sangue hoxe venres de 10 a 15h e de 16 a 20h e mañá sábado de 10 a 14.30h.

A doazón de sangue é un acto seguro, sinxelo, cómodo e necesario para que moitas persoas poidan solucionar o seu problema de saúde, e mesmo, salvar a vida. Os homes poden doar un máximo de 4 veces ao ano e as mulleres 3 veces ao ano; deixando pasar entre cada doazón un mínimo de 2 meses. Non se debe acudir sen almorzar e despois de xantar haberá que deixar pasar dúas horas.