Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Do 29 de xaneiro ao 3 de febreiro "Miraxes. Os novos creadores no espazo xuvenil Galiza - Norte de Portugal"

28/01/2009

UN NOVO ESPAZO NA AXENDA DE LISBOA

 

 

"MIRAXES. Os novos creadores no espazo xuvenil Galiza - Norte de Portugal"

 

Do xoves 29 de xaneiro ao martes 3 de febreiro de 2009 terá lugar na Sala Municipal de Exposicións, na Área Panorámica de TUI unha exposición de novos creadores galego-portugueses.

 

 

A Dirección Xeral de Xuventude e Solidariedade e o Instituto Português da Juventude, coa colaboración do Concello de Tui , promoven e auspician una exposición de xoves creadores no espazo xuvenil de cooperación transfronteiriza.

 

Fomentar o espírito emprendedor e creador dos mozos, promover a cooperación entre estes no ámbito cultural, crear un espazo de encontro entre a cultura galego-portuguesa é a filosofía desta mostra que reúne a 20 mozos de ambas beiras. Pintura, fotografía, escultura, vídeo,.... serán as demostracións culturais dos novos creadores.

 

O apoio a artistas noveis, tanto na difusión das súas obras como na mostra da mesma é o obxectivo desta encontro e exposición que servirá para que os propios mozos poidan atopar un lugar de debate e presentación non só das súas creacións senón tamén das súas inquedanzas e problemas, da apertura de mercados, da xeración dunha nova actividade económica e xa que logo da creación de emprego. A finalidade é sentar as bases dunha futura cooperación capitalizada polos mozos galego-portugueses mediante a participación en novos proxectos conxuntos que serán exemplo de boas prácticas máis aló das nosas fronteiras de cooperación.

 

O xoves 29 ás 11h30 esta exposición será inaugurada por Rubén Cela, Director Xeral de Xuventude e Solidariedade e Vitor Días, Director da Zona Norte do Instituto Português da Juventude