Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Do 15 ao 28 de febreiro ponse n marcha o proxecto "Cine nas aulas: ollar o noso"

11/02/2011

Do 15 ao 28 de febreiro ponse en marcha o proxecto “Cine nas aulas: ollar o noso”

 

Do 15 ao 28 de febreiro a Concellería de Educación do Concello de Tui vai por en marcha o proxecto “Cine nas aulas: Ollar o noso”. Esta iniciativa baséase nunha idea da realizadora tudense Diana Gonçalves que subvenciona a Concellería de Educación.

 

O obxectivo do proxecto é a promoción do audiovisual galego na totalidade dos centros educativos tudense. Deste xeito na quincena do 15 ao 28 de febreiro os alumnos de Educación Primaria, Educación Secundaria e Bacharelato asistirán a dúas proxección. Será a do documental “Mulleres da raia” de Diana Gonçalves e da curtometraxe de ficción “Coser e cantar” do galego Rubén Ríos.  Ao remate de cada proxección haberá unha charla a cargo de Diana GonÇalves, coa finalidade de achegar o audiovisual aos mais novos.  Días antes das proxeccións os centros traballarán na aulas a temática das proxeccións.

 

Os centros educativos que participar en “Cine nas aulas” son os CEIP’s Nº1, Nº2, Pazos de Reis, Randufe, Rebordáns, Guillarei, Caldelas, e o Colexio dos Irmáns xunto aos IES San Paio, Francisco Sánchez e Irmans Maristas.

 

Este proxecto está relacionado co Cineforum “O Cine que nos mira” que esta semana se puxo en marcha. En ambos casos o obxectivo é a promoción do audiovisual galego e a creación dunha cultura do Audiovisual en Tui.

 

A Concelleira de Educación, Patricia Ricón, agradece a total colaboración e o máximo interese amosado polos centros educativos do Concello.