Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

A Diputación de Pontevedra pon en marcha un servizo de asesoramento a usuarios de electricidade en Tui

3/09/2014

A Deputación de Pontevedra, en colaboración coa Unión de Consumidores de Galicia, ven a por en marcha un servizo de asesoramento e información individualizado dirixido as persoas usuarias de electricidade a través de dez oficinas comarcais en distintas localidades da provincia.

O cometido destas oficinas é proporcionar asesoramento e información sobre os dereitos dos usuarios de electricidade en materia de contratación, facturación e aforro. Concretamente ofrecerase:

- Asesoramento aos usuarios sobre as consultas e dúbidas na factura eléctrica.
- Información sobre as opcións para contratar electricidade.
- Información sobre as distintas tarifas.
- Comparación dos prezos do mercado libre e regulado.
- Asesoramento na escolla da mellor opción que permita un aforro na factura.
- Entrega ao usuario dunha comparativa individualizada con distintas opcións de mercado.

As oficinas comarcais de asesoramento e información a persoas usuarias de electricidade estarán situadas na sede da Deputación Provincial de Pontevedra e Vigo, así como nos concellos de Cangas, A Estrada, Cambados, Lalín, Ponteareas, Redondela, Tui e Vilagarcía.

As oficinas comezarán a funcionar o día 2 de setembro e permanecerán abertas ata o 3º de outubro cun horario de atención ao público de 10.00 a 14.00 horas.


Asesoramento usuarios electricidade