Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Dezasete persoas incorporáronse coma traballadores ao Concello de Tui ao abeiro do Plan Concellos

10/04/2023

O Concello de Tui ven de contratar a 17 persoas a través do Plan Concellos para a activación do emprego da Deputación Provincial de Pontevedra 2023. 

En concreto 14  persoas foron contratadas coma peóns de horticultura e xardinería por un período de 6 meses, unha persoa coma oficial segunda carpinteiro e outra coma oficial segunda fontaneiro, ambos por un período de 9,5  meses, e por último unha auxiliar administrativo para o departamento de Cultura durante 6 meses.

Para levar a cabo as contratacións a Deputación Provincial concedeu a esta administración unha subvención por importe de 232.707,72€, cunha aportación municipal de 5.622,16€.

O fin último das contratación é a mellora da ocupabilidade e a insercción laboral, para que unha vez finalizada a relación laboral con esta administración as persoas conten con máis experiencia e coñecementos que favorezan a súa insercción no mercado laboral.