Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Despedida do comandante do Cabo Fradera Pedro Izquierdo e benvida ao novo comandante Eduardo Bernal

31/03/2016


Hoxe xoves produciuse o relevo ao fronte do Cabo Fradera en Tui. O comandante saínte, o tenente de navío, Pedro Izquierdo Vázquez,  foi despedido, ao mediodía, na Casa do Concello pola alcaldesa en funcións, Carmen Núñez, xunto ás concelleiras Yolanda Rodríguez e María José González.


 


O acto serviu tamén para dar a benvida ao novo comandante do Cabo Fradera, o tenente de navío, Eduardo Bernal Alvárez. Estiveron tamén presentes o comandante das Unidades de Acción Marítima de Ferrol, o capitán de navío Fernando Luis Alvárez Blanco e o comandante naval do Miño, o capitán de corbeta Enrique García González.