Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

A desestacionalización do turismo en Tui consolídase tal e coma reflicten os datos do pasado mes de setembro recollidos pola Oficina Municipal de Turismo. A Oficina Municipal de Turismo do Concello de Tui ten atendido ao longo do pasado mes de setembro a

4/10/2024

A Oficina Municipal de Turismo rexistrou máis de 4.400 consultas de visitantes

A desestacionalización do turismo en Tui consolídase tal e coma reflicten os datos do pasado mes de setembro recollidos pola Oficina Municipal de Turismo. 

A Oficina Municipal de Turismo do Concello de Tui ten atendido ao longo do pasado mes de setembro a un total de 4.410 visitantes, o que representa un incremento do 17,75% en relación ao mesmo mes do pasado ano 2023 en que se achegaran en demanda de información un total de 3.475 visitantes.

No desglose dos datos ofrecidos por esta Oficina de Turismo tudense pódese comprobar como destes 4.410 visitantes un total de 1.115 eran peregrinos e 3.295 turistas o visitantes.
A principais procedencias dos peregrinos atendidos nesta Oficina de Turismo son no que atinxe aos peregrinos españois: Madrid(87), Barcelona(35), Murcia (35), Alacante (31), ou Málaga (28). Pola súa banda, os peregrinos internacionais atendidos procedían de EEUU (97), Alemaña (91), Portugal (80), Italia(58) ou Reino Unido(50).

No que respecta aos turistas ata 3.023 eran de procedencia española, chegados dende Madrid (407), Asturias (281), Toledo (260) ou Granada (159). Pola súa banda, os 272 turistas internacionais que visitaron esta Oficina de Turismo procedían do Reino Unido (60), Portugal (51), Francia (38) ou Arxentina (14).

A concelleira de Turismo, Ana Núñez, sinala que estes datos consolidan a tendencia a un crecemento sostido na presenza de turistas na nosa cidade, que “agora comprobamos tamén un proceso de desestacionalización da afluencia de visitantes e turistas como xa hai anos se ven rexistrando no que respecta aos peregrinos”. Engade que “o sector turístico tudense se asenta desta forma como un dos eixos do desenvolvemento socio-económico da nosa localidade que se posiciona como unha referencia do turismo cultural da Eurorrexión Galicia e Norte de Portugal”.