Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

A Deputada Provincial de Deportes visita Tui

9/03/2012

Begoña Estevez visitou onte as instalacións do Centro Interfederado e dos Centros Municipais de Piragüismo e Remo

 

Boas impresións levouse a Deputada Provincial de Deportes, Begoña Estevez, na súa visita ás instalacións deportivas do Concello de Tui e relacionadas coa practica deportiva no río Miño.

 

Acompañada do Concelleiro de Deportes de Tui, Nicolás Lorenzo, e do Deputado Provincial, Pablo Baquero, fixeron un percorrido polo Centro Municipal de Piragüismo, polo Centro Municipal de Remo e polo Centro Interfederado de Tui.

 

Durante a súa visita mantivo un breve encontro co presidente e adestrador do Club Kayak Tudense, Esteban Alonso, quen expuxo a situación actual dos clubes e os proxectos futuros a desenrolar conxuntamente coa Deputación e có Concello.

 

Xa no Centro Interfederado, a Deputada recibiu o dossier que a Concellería de Deportes tudense elaborou para a transformación desta instalación en Centro Especializado de Tecnificación Deportiva nas modalidades de Piragüismo e Remo, coa intención de unificar esforzos e colaboracións, xunto coa Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta, nas xestións oportunas diante do Consello Superior de Deportes.

 

Para finalizar a visita, Nicolás Lorenzo expúxolle á deputada provincial os proxectos deportivos que se realizarán neste ano 2012, salientando, especialmente, as Andainas Saudables da Eurocidade, o Descenso Internacional do Río Miño e o Campionato de España de Maratón de Piragüismo.

 

Pola súa banda a deputada provincial comprometeu o apoio da Deputación neste proxecto que cualificou de ilusionante e de gran proxección para Tui e a propia provincia, onde os deportes do remo e o piragüismo acadan notable popularidade e éxito, e atoparían neste Centro Especializado que promove o Concello de Tui unha útil ferramenta para o unha maior proxección.