Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

A Deputación de Pontevedra concedeu máis de 105 mil euros ao Concello de Tui ao abeiro do Plan Provincial de Obras e Servizos

21/05/2015

A Deputación de Pontevedra concedeu 105.991,49 ao Concello de Tui ao abeiro do Plan Provincial de Obras e Servizos para tres actuacións no termo municipal.

Por unha banda a entidade provincial concedeu unha achega de  46.506,63 euros para a mellora da pavimentación no lugar da Devesa en Rebordáns e outra de 26.494,86 euros para a realización dun Parque Infantil no lugar de Montiño en Rebordáns. Tamén o Concello de Tui recibirá unha subvención de 32.990 euros para a adquisición dun piano de cola.