Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

A Deputación concede máis de 23.700€ ao Concello de Tui para gastos de funcionamento do Conservatorio e a Escola de Música

21/11/2014

 

Venres, 21 de novembro de 2014. A Deputación de Pontevedra concedeu dúas subvencións ao Concello de Tui para os gastos de funcionamento dos dous centro de estudos musicais que hai na cidade que suman 23.779€.

 

En concreto a achega da entidade provincial para os gastos de funcionamento do Conservatorio Profesional de Grao Medio de Tui acada os 14.750€, mentres que a axuda para a mesma finalidade para a Escola de Música municipal é de 9.029 euros.