Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Debido ao concerto inaugural do IKFEM na vella Ponte Internacional mañá dende ás 8 h pecharase un tramo da Avenida de Portugal

18/08/2022

Será dende mañá venres ás 8 h e até o sábado ás 2 h cando non se poderá circular nin estacionar nesta rúa dentro o cruce coa estrada da Guarda

Debido á celebración do Xacobeo Bridge Tui-Valença, o evento inaugural do festival IKFEM, mañá venres, 19 de agosto, dende ás 8 h e até ás 2 h do sábado, 20 de agosto, non se poderá circular nin estacionar na Avenida de Portugal dende o cruzamento coa estrada da Guarda até a vella Ponte Internacional de Tui.