Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Dani Blanco presenta mañá na Biblioteca Municipal o contacontos “Historias desde o outro lado da raia”

23/05/2022

Forma parte para programación “Tui en letras”

Mañá martes, 24 de maio, continúa na Biblioteca Municipal de Tui o programa de actividades “Tui en letras” que abrangue os meses de maio e xuño. Mañá martes, ás 18 h será a quenda de Dani Blanco co contacontos “Historias desde o outro lado da raia” dirixido a nenas e nenos de 3 a 8 anos. A entrada é libre ata completar a capacidade da sala.

Desde o outro lado do Miño, hai contos que se foron contando alén do tempo. Pasaron de avós a nais e destas ás crianzas que foron máis tarde pais. Contos fantásticos que van cruzar a fronteira imaxinaria. Contos da tradición lusófona, cerca no espazo pero que mañá martes  imos sentir moito mais pretiño.

Para a concelleira de Cultura, Sonsoles Vicente, con esta proposta para os nosos rapaces e rapazas xunto cos obxectivos de animación á lectura e de dinamización da nosa lingua unimos, nesta xornada, esta actividade para afondar no coñecemento das tradicións orais da outra beira do Miño coa que os tudenses non sentimos tan vinculados.

Este programa de dinamización cultural e lingüístico, “Tui en letras”, conta co patrocinio da Deputación Provincial de Pontevedra.