Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Cursos en liña gratuítos na Aula Mentor

28/10/2022

Até o 4 de novembro está aberta a inscrición para os cursos en liña e gratuítos que ofrece a Aula Mentor. As prazas son limitadas. As persoas interesadas deben inscribirse na Aula Mentor do Concello de Tui, no Centro Municipal de Formación e Emprego, a través do correo elecctrónico tui@aulamentor.es.

As prazas son limitadas e serán asignadas por orden de recepción, polo que as persoas interesadas deben agardar á confirmación da súa admisión.

A formación comezará o día 7 de novembro.

Ao remate do curso emitiarase certificado de aproveitamento ou asistencia.

Os cursos ofertados son:

  • Linux Unhatched (Cisco):Permite empezar a explorar Linux. Poderá instalar e modificar configuracións básicas de Linux e comprender aspectos básicos sobre a interfaz de liña de comandos (CLI) de Linux. Duración do curso: 2 meses.
  • Introdución á Internet das cousas (CISCO): Non se necesitan coñecementos previos neste tema. Pode facer este curso calquera persoa interesada no mundo da conectividade de todas as cousas e cuns coñecementos medios de informática. Duración do curso: 2 meses
  • Introducción á Ciberseguridade (CISCO): Explóranse as cibertendencias, as ameazas e o tema da ciberseguridade dunha maneira relevante. Aprenderás a protexer a túa privacidade en liña, coñecerás máis sobre os desafíos que afrontan as empresas, os gobernos e as institucións educativas. Duración do curso: 2 meses.
  • Emprendemento Dixital (CISCO): Este curso está deseñado para axudarl a perfeccionar as habilidades que utilizaría como empregado/a en cualquera traballo. Duración do curso: 2 meses.
  • Networking Essentials (CISCO):  Neste curso ensínanse os aspectos fundamentais das redes, incluíndo a forma na que se comunican os dispositivos dunha rede, asignación de direccionamiento de rede, cómo crear unha rede doméstica e configuración básica da súa seguridade, aspectos básicos de configuración de dispositivos Cisco, e procedementos de proba e de resolución de problemas de rede. Duración do curso: 2 meses.
  • Get Connected (CISCO):  Saiba cómo utilizar unha computadora, conectar dispositivos e acceder a búsquedas, correo electrónico e medios sociais. Non se esixen coñocementos previos para este curso introductorio. Duración do curso: 2 meses.
  • Ciberseguridade Essentials (CISCO): Está deseñado para estudiantes que están interesados en obter estudios máis avanzados no campo da ciberseguridade. Duración do curso: 2 meses.
  • Iniciación a Salesforce: SalesForce é un conxunto de programas coa finalidade de xestionar a relación coa clientela. Duración do curso 3 meses.
  • Administración de Salesforce: Dirixido a calquera persoa que teña interese en aprender acerca de procesos de vendas ou de ferramentas empresariais desde o punto de vista tecnolóxico. Non é necesaria a realización previa do curso Introducción a Salesforce, pero facilita a xestión da plataforma e poder terminar o curso no tempo programado. Duración do curso: 2 meses. 
  • Iniciación á Física: Estudiaranse os concetos e principios fundamentais do método científico, a cinemática, a dinámica e as diversas formas de enerxía. Duración do curso: 2 meses.