Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Cursos de inglés turístico e sobre a memoria na Aula da Uned de Tui

23/01/2012

Cursos de extensión universitaria na Aula da UNED de Tui

Dentro das actividades de extensión universitaria que vai impartir a Universidade Nacional de Educación a Distancia, UNED, neste curso 2012 dous deles serán na aula de Tui.

Por unha parte haberá un curso de “Inglés para fins específicos: inglés turístico” que se impartirá o 17 e o 28 de febreiro por José María Prieto Orallo.

O primeiro día  abordarse a meirande parte do curso teórico-práctico, e os alumnos poderán practicar e interactuar co profesor-tutor. O segundo día afianzarán os coñecementos adquiridos, resolverán dúbidas e realizarán unha serie de exercicios para colgalos na plataforma AVIP, o que servirá como medio de comunicación entre os alumnos e o profesor-tutor.

           Tamén se impartirá un curso sobre “Coñecer e dominar a memoria: como lembralo todo”. Será o mércores 7 e o venres 9 de marzo a cargo de Ángeles Amor García. O primeiro día abordarase a “Memoria sensorial, a corto e a longo prazo. Memoria implícita e explícita. Problemas de memoria”, e o segundo “Estratexias de memoria: sistemas e regras mnemotécnicas”.

           O prezo de cada un destes cursos é de 35€, 25€ para alumnos da UNED.

Pódese ampliar esta información en www.extensionuned.es/pontevedra

 

Tomado de www.galiciasuroeste.info