Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Cristina Soutelo, María León e Pedro Vázquez recibiron onte o Premio Deportista Tudense

2/12/2023

A gala recoñeceu os éxitos do deporte tudense pondo en valor o patrimonio natural do municipio

A padeeira Cristina Soutelo, a futbolista María León, e o padeeiro Pedro Vázquez Llenín recibiron onte á noite o Premio Deportista Tudense na categoría absoluta na Gala do Deporte celebrada no Teatro Municipal de Tui. Un evento no que se recoñeceu os éxitos do deporte tudense e se puxo en valor o patrimonio natural do municipio, que constitúe un magnífico escenario para a práctica deportiva tanto a nivel afeccionado coma profesional.

Pedro Vázquez Llenín, do Club Kaiak Tudense, proclamouse este ano Campión do Mundo en K2 1000 m e campión de España en K4 1000 m e 500 m. Mentres Cristina Soutelo González foi a primeira deportista do Kaiak Tudense en participar nunha proba internacional na modalidade de C1.  Esta temporada foi oitava do mundo en  en C1 1000 metros, e décima nos 5000 metros. Proclamouse campioa de España en c1 1000m. María León Álvarez foi recoñecida pola súa traxectoria no fútbol sala xogando na elite a nivel nacional. Este ano é xogadora do Viaxes Amarelle FSF na Primeira División Nacional Feminina, e até a pasada temporada militaba no Marín F.S.

O Motoclub Randufe foi distinguido co premio Club Deportivo  polo seu empeño decidido en levar adiante este club deportivo, superando dificultades, e facendo realidade o Circuíto OffRoad de Rebordáns.

Na categoría de adestrador o Premio Deporte Tudense foi para David Solleiro Durán, actualmente preparador físico no Olympique de Marselle e para Manuel López Ramírez, que enviou unha mensaxe dende Israel onde traballa co primeiro equipo do Hapoel Beersheva B.C.

A Real Federación Galega de Motonáutica e o Club Náutico Inclusivo do Baixo Miño recibiron o Premio Deporte Adaptado por “converter a Tui nunha sede fixa das probas do Campionato Galego Inclusivo de Motonáutica, e facer do río e do deporte un espazo de inclusión e de encontro”.

O premio Deporte Tudense na categoría veterana recaeu na xogadora de balonmán Susana Méndez que continúa en activo, no padeeiro Enrique Míguez, do Kaiak Tudense, que sumou novos éxitos á súa longa carreira deportiva polo terceiro posto no Campionato do Mundo de Maratón en C1  e o título Campión do Mundo veterano en c2, e para Rafael Pérez Rego, do Atletismo Tui, por completar 100 medias maratóns.

Tui conta tamén con novos valores do deportes que recibiron o Premio Deporte Tudense Promesa. Foron a futbolista Lía Lorenzo, do Ribadelouro; a padeeira tudense do Club Cidade de Lugo, Nuria Romero; o ciclista tudense do Club Avanza André Martínez; e o remeiro  Javier Freiría do Club Remo do Miño.  O Club Tenis Tui foi recoñecido polo seu traballo co premio Promoción do Deporte Base.  O Premio Deporte Tudense Firma Comercial foi entregado a empresa Verdeazul polo seu compromiso e apoio as actividades organizadas por clubs, asociacións e sobre todo colexios de Tui. Onte recibiu tamén a Mención Especial Antonio Martín Hernández “Toñín”, que foi xogador de fútbol sala, e que con A Quinta de Tui creou na cidade un campus que leva o seu nome.  

Recoñeceuse o labor de Elías Vieiro por 35 anos formando parte do Tyde coma xogador, adestrador, directivo e presidente, e de José Antonio Refojos “Coto” que durante case tres décadas se encargou dos pavillóns deportivos municipais. Houbo amais unha lembranza para Damián Estéves Rodríguez e Fernando Álvarez González falecidos este ano.  

Este evento deportivo comezou recoñecendo as 29 persoas que participaron esta temporada en competicións internacionais en piragüismo, remo, ciclismo, judo, motor, e a loita, levando o nome de Tui por todo o mundo e demostrando o espectacular nivel dos e das deportistas tudenses.

Na súa intervención o alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, afirmou que “o caso de Tui é único no territorio español”, grazas á implicación social e a axuda das institucións de carácter público e privado. Nunha gala especial que celebrou onte o seu decimo aniversario Enrique Cabaleiro quixo amosar o seu agradecemento “ás persoas que fixeron posible que o deporte tudense alcance o nivel que agora ten”, así coma ás institucións, e aos concelleiros que durante os últimos mandatos estiveron ao fronte desta área.  O alcalde de Tui aludiu tamén a que o deporte “xoga un papel decisivo”, sendo “un dos elementos básicos de  inclusividade e a igualdade”. Rematou indicando que “polo que significa o deporte en todos os ámbitos da nosa vida hoxe creo que tamén é momento de asumir todos o compromiso de seguir apoiando o deporte tudense para que siga sendo un motivo de orgullo de todos nós”.

Pola súa parte o concelleiro de Deportes, Rafael Estévez, indicou que “hoxe, non só celebramos o deporte, senón que tamén reflexionamos sobre a importancia da actividade física en contornas naturais”. Nese senso sinalou que “o Concello de Tui está a realizar un gran esforzo por aumentar cada día os lugares por onde pasear, correr montar en bicicleta e xerar saúde, son moitos os quilómetros realizados, pero aínda haberá máis”.  Concluíu afirmando que “todos, independentemente do noso xénero, merecemos as mesmas oportunidades e recoñecementos. Celebremos xuntos a diversidade e traballemos para construír un mundo deportivo máis inclusivo”.

A gala foi presentada por Jose Font acompañado por José Manuel Quintana, Beatriz González, Rosendo Bugarín, e Ana Rodríguez que forman parte do xurado xunto a Enrique Míguez, e contouse coa actuación do grupo Míster Cool Organ Trío.

Deportistas Internacionais 

  • Irea Alonso Gómez 
    • Club Kaiak Tudense 
    • Campionato do Mundo de Maratón - Slavonski Brod, Croacia. 
  • Iván Alonso Lage 
    • Club de Piragüismo As Torres Romería Vikinga de Catoira 
    • Campionato do Mundo de Maratón – Vejen, Dinamarca / Campionato de  Europa de Maratón – Slavonski Brod, Croacia. 
  • Pedro Areal Abreu  
    • Club Piragüismo Aranjuez 
    • Campionato do Mundo de Maratón – Vejen, Dinamarca. 
  • Rodrigo Conde Romero  
    • Club Remo do Miño 
    • Campionato do Mundo de Remo Olímpico – Belgrado, Serbia / Copa do  Mundo de Remo Olímpico – Zagreb, Croacia. 
  • Sebastián Delgado Curbelo 
    • Club Kaiak Tudense 
    • Xogos Panamericanos - Santiago, Chile. 
  • Lara Feijóo Pérez
    • Club Kaiak Tudense 
    • Campionato do Mundo Sprint Sub23 – Auronzo, Italia / Campionato de Europa  Sprint Sub23 – Montemor, Portugal. 
  • Tania Fernández
    • Club Kaiak Tudense 
    • Campionato do Mundo de Maratón – Vejen, Dinamarca / Campionato de  Europa de Maratón – Slavonski Brod, Croacia. 
  • David Fernández Pérez 
    • Club Ciclismo Avanza
    • Series Mundiais de Enduro – Loundenvielle, Francia. 
  • Javier Freiría Expósito 
    • Club Remo do Miño 
    • Copa de la Juventud – Amsterdam, Países Baixos. 
  • Pablo García García 
    • Club Loita de Pontevedra 
    • Series Mundiais de Loita en Praia – Bos Aires, Arxentina / Series Mundiais  de Loita en Praia - Singapur. 
  • Manuel Garrido Barbosa 
    • Club Kaiak Tudense 
    • Campionato do Mundo de Maratón – Vejen, Dinamarca / Campionato de  Europa de Maratón – Slavonski Brod, Croacia / Copa do Mundo de Maratón –  Ruse, Bulgaria. 
  • Jesús González Álvarez
    • Club Remo do Miño 
    • Campionato do Mundo de Remoergómetro. 
  • Daniel González Diz 
    • Escudería Independente 
    • Campionato do Mundo de Rallies - Ralli de Portugal. 
  • Carlota González Gil    
    • Club Remo do Miño 
    • Campionato do Mundo de Remo de Mar – Barletta, Italia / Campionato do  Mundo Sub23 de Remo Olímpico – Plovid, Bulgaria. 
  • David González Mella 
    • Club Kaiak Tudense 
    • Campionato do Mundo Sprint Paracanoe – Auronzo, Italia / Campionato de  Europa Sprint Paracanoe – Montemor, Portugal / Copa do Mundo Spint –  Szeged, Hungría. 
  • Martín Gorriti Monterroso 
    • Club Kaiak Tudense 
    • Campionato do Mundo Sprint Sub23 – Auronzo, Italia.
  • Noelia Lalín Canda 
    • Club Keltoi de Vila de Cruces 
    • Series Mundiais de Loita en Praia – Bos Aires, Arxentina / Series Mundiais  de Loita en Praia - Singapur. 
  • Ainhoa Lameiro Rodríguez    
    • Club Piragüismo Penedo 
    • Campionato do Mundo de Slalom Olímpico Sub23 – Cracovia, Polonia /  Campionato de Europa de Slalom Olímpico Sub23 – Bratislava, Eslovaquia /  Copa do Mundo de Slalom Olímpico – Praga, República Checa. 
  • Iria Ludeña Pérez 
    • Club Kaiak Tudense 
    • Campionato do Mundo de Maratón - Slavonski Brod, Croacia. 
  • Avelino Martínez Pérez 
    • Judo Club Tudense 
    • Campionato de Europa de Policías e Bombeiros – Torrevieja, España. 
  • Enrique Míguez Gómez 
    • Club Kaiak Tudense 
    • Campionato do Mundo de Maratón – Vejen, Dinamarca. 
  • David Moroño Montes 
    • Club Kaiak Tudense 
    • Copa do Mundo de Maratón – Ruse, Bulgaria. 
  • Matías Valentín Otero Ezcurra 
    • Club Kaiak Tudense 
    • Campionato do Mundo Sprint – Duisburg, Alemaña / Copa do Mundo Sprint –  Szeged, Hungría / Xogos Panamericanos – Santiago, Chile. 
  • Daniel Pérez Cortegoso
    • Club Piragüismo Penedo 
    • Campionato do Mundo de Slalom Olímpico – Londres, Reino Unido /  Campionato do Mundo de Slalom Olímpico Sub23 – Cracovia, Polonia /  Campionato de Europa de Slalom Olímpico Sub23 – Bratislava, Eslovaquia /  Copa do Mundo de Slalom Olímpico – Praga, República Checa. 
  • Uxía Rodríguez Huertas 
    • Club Kaiak Tudense 
    • Campionato de Europa Sprint Sub23 – Montemor, Portugal.
  • Nuria Romero Gómez
    • Club Ciudad de Lugo 
    • Campionato do Mundo de Descenso de Augas Bravas – Augsburg, Alemaña /  Campionato do Mundo de Descenso de Augas Bravas Sub23 – Roudnice,  República Checa. 
  • Cristina Soutelo González 
    • Club Kaiak Tudense 
    • Campionato do Mundo Sprint – Duisburg, Alemaña. 
  • Pedro Vázquez Llenín 
    • Club Kaiak Tudense 
    • Campionato do Mundo Sprint – Duisburg, Alemaña / Copa do Mundo Sprint –  Szeged, Hungría. 
  • Manuel Villaverde Gómez 
    • Club Remo do Miño 
    • Campionato de Europa de Remo Olímpico – Munich, Alemaña.

Premios Deporte Tudense

  • Recoñecemento Honorífico 
    • Elías Vieiro Pérez 
    • José Antonio Refojos Peixoto 
  • Mención Especial 
    • Antonio “Toñín” Martín Hernández 
  • Firma Comercial 
    • Verdeazul – Recolle, Mercedes Martín
  • Recoñecementos Honoríficos Á Memoria
    • Damián Estéves Rodríguez
    • Fernando Álvarez González
  • Club ou Entidade na Promoción Do Deporte Base 
    • Club Tenis Tui
  • Deportista Promesa Masculino 
    • Javier Freiría Expósito 
    • André Martínez Rodríguez 
  • Deportista Promesa Feminina 
    • Nuria Romero Gómez 
    • Lía Lorenzo Estévez 
  • Veterano Masculino 
    • Enrique Míguez Gómez 
    • Rafael Pérez Rego
  • Veterana Feminina 
    • Susana Méndez Álvarez 
  • Deporte Adaptado 
    • Real Federación Galega De Motonáutica
    • Club Náutico Inclusivo Baixo Miño
  • Adestrador 
    • Manuel López Ramírez
    • David Solleiro Durán 
  • Club Deportivo 
    • Motoclub Randufe
  • Deportista Masculino Absoluto 
    • Pedro Vázquez Llenín 
  • Deportista Feminina Absoluta 
    • Cristina Soutelo González 
    • María León Álvarez