Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

A corporación municipal de Tui celebra pleno ordinario este xoves 28 de xuño

26/06/2018

A corporación municipal de Tui reunirase en pleno de carácter ordinario este xoves, 28 de xuño, ás 20h no salón de sesión da casa do concello coa seguinte orde do día: 

A).- Parte resolutiva:

1º.- Aprobación, se procede, de borrador da acta da sesión ordinaria nº 6, de 31 de maio de 2018.

2º.- Expediente 1044/2018. Ditame da Comisión Informativa de Contas, Facenda, Patrimonio e Persoal de aprobación de Modificación de Crédito Extraordinario nº 1/2018 C) bases e premios concurso ideas reordenación frente fluvial.

3º.- Mocións de Urxencia.

B).- Actividade de control:

4º.- Dación de conta de escrito presentado polo grupo municipal do Partido Popular de data 14/05/2018 RE nº 4139, de designación de voceiro.

5º.- Dación de contra de escrito presentado polo grupo municipal do Partido Popular de data 19/06/2018 RE nº 5203, designando representantes deste grupo nas comisións informativas permanentes.

6º.- Dación conta de resolucións de Alcaldía dende o nº 2018-0582 de 25/05/2018 a nº 2018-0677 de 20/06/2018.

7º.- Dación de conta execución trimestral orzamento 1º Trimestre orzamento 2018 ao abeiro da Lei Orgánica 2/2012, de 27 de abril.

8º.- Dación de conta informe morosidade 1º Trimestre exercicio 2018 ao abeiro da Lei 15/2010 e período medio de pago global a proveedores (PMP) 1º Trimestre exercicio 2018 ao abeiro do Real Decreto 635/2014.

C).- Rogos e preguntas:

9º.- Rogos e preguntas.

Por vía de urxencia habilitarase crédito con cargo ao remanente de tesourería para o desentullo, o estudo de xestión de residuos e a contratación de persoal  para a xestión desta catástrofe.

Ver convocatoria