Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

A corporación municipal de Tui celebra pleno extraordinario o próximo martes, 14 de marzo, ás 20 h

10/03/2023

A corporación municipal de Tui celebrará sesión plenaria de carácter extraordinaria o próximo martes, 14 de marzo, ás 20 h coa seguinte orde do día. 

A) Parte resolutiva:
1º.- Aprobación, se procede, do borrador da acta da sesión anterior núm. 1/2023 de data 26/01/2023.

2º.- Expediente 415/2023. Ditame da Comisión Informativa de Contas, Facenda, Patrimonio e Persoal, de data 08/03/2023, favorable á proposta da concelleira delegada de Facenda, de data 02/03/2023, relativo á modificación das Bases de Execución, na súa Base 55, apartado 1,3 e 9 “Axudas e subvencións públicas" do Orzamento do concello de Tui correspondente ao exercicio 2022, actualmente prorrogadas para o 2023 e aprobación do anexo subvencións e detalle Cap. IV e VII Orzamento Prorrogado 2023.

3º.- Expediente 419/2023. Ditame da Comisión Informativa de Contas, Facenda, Patrimonio e Persoal, de data 08/03/2023, favorable á proposta da concelleira delegada de Facenda, de data 03/03/2023, de aprobación do expediente recoñecemento extraxudicial de crédito Nº 1/2022.

4º.- Expediente 508/2023. Ditame da Comisión Informativa de Contas, Facenda, Patrimonio e Persoal, de data 08/03/2023, favorable á proposta da concelleira delegada de Facenda, de data 01/03/2023, de aprobación do expediente de modificación de crédito 4/2023 (Crédito Extraordinario 1/2023), financiado con Remanente líquido de Tesourería para gastos xerais.

5º.- Expediente 509/2023. Ditame da Comisión Informativa de Contas, Facenda, Patrimonio e Persoal, de data 08/03/2023, favorable á proposta da concelleira delegada de Facenda, de data 01/03/2023, de aprobación do expediente de modificación de crédito 5/2023 (Crédito Extraordinario 2/2023), financiado con Remanente líquido de Tesourería para gastos xerais.

6º.- Expediente 510/2023. Ditame da Comisión Informativa de Contas, Facenda, Patrimonio e Persoal, de data 08/03/2023, favorable á proposta da concelleira delegada de Facenda, de data 01/03/2023, de aprobación do expediente de modificación de crédito 6/2023 (Crédito Extraordinario 3/2023), financiado con Remanente líquido de Tesourería para gastos xerais

7º.- Expediente 534/2023. Ditame da Comisión Informativa de Contas, Facenda, Patrimonio e Persoal, de data 08/03/2023, favorable á proposta da concelleira delegada de Facenda, de data 03/03/2023, de aprobación do expediente de modificación de crédito 10/2023 (Crédito Extraordinario 4/2023), financiado con Remanente líquido de Tesourería para gastos xerais.

8º.- Expediente 511/2023. Ditame da Comisión Informativa de Contas, Facenda, Patrimonio e Persoal, de data 08/03/2023, favorable á proposta da concelleira delegada de Facenda, de data 02/03/2023, de aprobación do expediente de modificación de crédito 7/2023 (Suplemento de Crédito 1/2023), financiado con Remanente líquido de Tesourería para gastos xerais

9º.- Expediente 2708/2022. Ditame da Comisión Informativa de Contas, Facenda, Patrimonio e Persoal, de data 08/03/2023, favorable á proposta de alcaldía, de data 27/02/2023, de ratificación dos acordos plenarios adoptados na sesión ordinaria 1/2023 de data 26/01/2023, puntos 4º e 5º relativos a solicitudes de revisión do Inventario de Vías e Camiños municipais.

10º.- Expediente 1732/2020. Ditame da Comisión Informativa de Contas, Facenda, Patrimonio e Persoal, de data 08/03/2023, favorable á proposta de alcaldía, de data 24/02/2023, de prestar conformidade ao "Documento administrativo de formalización da cesión en propiedade a título gratuíto dun inmoble situado no Concello de Tui"; antigo Pazo de Xustiza.

11º.- Expediente 363/2023. Ditame da Comisión Informativa de Contas, Facenda, Patrimonio e Persoal, de data 08/03/2023, favorable á proposta de alcaldía, de data 17/02/2023, en cumprimento da Sentenza 103/2022 de 20/05/2022 do Xulgado C-A N.1 de Pontevedra.

Convocatoria sesión plenaria nº 2/2023 de pleno extraordinario do martes, 14 de marzo de 2023