Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

A corporación municipal de Tui celebra este xoves pleno ordinario con seis puntos na orde do día

25/04/2016


A corporación municipal de Tui celebra este xoves, 28 de abril, ás 20h pleno de carácter ordinario con seis puntos na orde do día.


1º.- Aprobación, se procede, de  borradores de actas de sesións  nº2/2016, de 25/02/2016 e nº 3/2016, de 23/03/2016.


2º.- Ditame da Comisión Informativa de Contas, Facenda, Patrimonio e Persoal de aprobación Expediente Crédito Extraordinario 1/2016.


3º.- Ditame da Comisión Informativa de Contas, Facenda, Patrimonio e Persoal de aprobación de expediente nº 1/2016 de recoñecemento Extraxudicial de Créditos.


4º Ditame da Comisión Informativa de Contas, Facenda, Patrimonio e Persoal de aprobación de expediente nº 2/2016 de Recoñecemento Extraxudicial de Créditos.


5º.- Ditame da Comisión Informativa de Contas, Facenda, Patrimonio e Persoal  de reclamación do mantemento da partida orzamentaria destinada á VAC Tui - A Guarda.


6º.- control ós órganos de goberno:


6.1. Disposicións de interese.


6.2. Dación de conta das Resolucións de Alcaldía dende o último pleno ordinario.


6.3. Dación de conta do Plan Orzamentario a medio prazo correspondente ao período 2017/2019, elaborado ao abeiro do disposto no artigo 29 da Lei Orgánica 2/2012, de 27 de abril, de Estabilidade orzamentaria e sustentabilidade  financeira.


6.4. Dación de conta do informe trimestral de intervención correspondente ao cuarto trimestre do exercicio 2015, elaborados conforme a Guía para a elaboración dos informes trimestrais que as entidades locais deben remitir ao Ministerio de Economía e Facenda, en cumprimento do artigo 4º da Lei 15/2010, de 5 de xullo, de Medidas de loita contra a morosidade.


6.5. Mocións.


6.6. Rogos e preguntas.