Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

A corporación municipal de Tui celebra este xoves pleno ordinario

26/11/2025

A corporación municipal de Tui celebra mañá xoves pleno de carácter ordinario ás 20 h. A orde do día é a seguinte: 

A) PARTE RESOLUTIVA

1.Aprobación da acta da sesión anterior: ordinaria celebrada o 25 de setembro do 2025.

2.Toma de coñecemento da renuncia presentada por Dna. Pilar Gregores Álvarez a súa acta de concelleira e toma de razón de renuncia de Dna. Andrea Costa Amorín.

3.Expediente 1697/2022. Ditame de revogación de liquidacións de taxas por instalacións de postos de venda ambulante.

4.Expediente 3493/2025. Ditame para incoación de procedemento de revisión de oficio das bases específicas de selección dun profesor de guitarra eléctrica 21 horas a semana (resolución nº 2022-1931).

5.Expediente 6173/2025. Ditame de inadmisión de recurso de revisión de oficio, presentado por Don Miguel Emilio Santalices Blanco en relación con procesos selectivos para prazas de profesor do Conservatorio de Música.

6.Expediente 1409/2021. Ditame de aprobación de preaviso para prorrogar contrato de servizos de limpeza de instalacións e dependencias do Concello de Tui.

7.Expediente 1118/2023. Ditame de prórroga do contrato de subministro de enerxía eléctrica (lotes nº 1 e nº 2).

8.Expediente 3882/2025. Ditame para adhesión ao protocolo xeneral de actuación para a participación, impulso, apoio e promoción da Rede de Destinos Turísticos Intelixentes (Rede DTI).

9.Expediente 4088/2024. Ditame de aprobación de Convenio coa Deputación de Pontevedra para enerxías renovables.

10.Expediente 1983/2025. Ditame para aprobación inicial da modificación da Relación de Postos de Traballo.

11.Expediente 2652/2023. Ditame para modificación dos usos regulados no PXOM para adaptación o regulamento de planeamento da Lei do solo de Galicia. Aprobación inicial.

12.Expediente 4916/2025. Ditame para concedera a CONCEDER á COMUNIDADE PROPIETARIOS C.A.V. PORTAL 1, con CIF H36148070, a bonificación do 50% do ICIO correspondente ás obras de “CONSERVACIÓN E MANTEMENTO DE CUBERTA E FACHADA. OBRAS DE PINTADO DE CASETÓN”, situado na RÚA ANTERO RUBÍN Nº 19.

13.Expediente 3579/2025. Ditame para conceder a D. JOSÉ MANUEL LÓPEZ ALONSO bonificación do 50% do ICIO correspondente ás obras de “REFORMA INTERIOR DE PLANTA PRIMEIRA PARA 3 VIVENDAS”, situado na RÚA CALVO SOTELO Nº 19, PLANTA 1ª.

14.Expediente 6220/2025. Moción sobre memoria democrática.

B) ACTIVIDADE DE CONTROL

15.Dación de conta das resolucións ditadas por alcaldía e concelleiras/os delegados/as desde a núm. 2025-1379-de 22.09.2025 ata a núm. 2025-1875 do 24.11.2025.

16.Expediente 5843/2025. Información Económico-Financeira. Coste efectivo servizo 2024.

17.Expediente 2082/2025. Información Económico-Financeira. Avance da liquidación orzamento xeral 1º trimestre 2025.

18.Expediente 3978/2025. Información Económico-Financeira. Avance liquidación orzamento xeral 2º trimestre 2025

19.Expediente 5844/2025. Información Económico-Financeira. Avance liquidación orzamento xeral 3º trimestre 2025.

20.Expediente 459/2025. Información Económico-Financeira. Morosidad-PMP 4º TRIMESTRE 2024

21.Expediente 2081/2025. Información Económico-Financeira. Morosidad-PMP 1º TRIMESTRE 2025

22.Expediente 3977/2025. Información Económico-Financeira. Morosidad-PMP 2º TRIMESTRE 2025

23.Expediente 5845/2025. Información Económico-Financeira. Morosidad-PMP 3º TRIMESTRE 2025

C) ROGOS E PREGUNTAS

Non hai asuntos

 

Convocatoria sesión plenaria 08/2025 de pleno ordinario correspondente ao mes de novembro