Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

A corporación municipal de Tui celebra este xoves o pleno ordinario de novembro

22/11/2022

A corporación municipal de Tui celebrará este xoves, 24 de novembro, ás 20 h pleno de carácter ordinario, será a sesión 9/2022. A orde do día é a seguinte: 

A) Parte resolutiva: 

1º.- Aprobación, se procede, do borrador da acta da sesión anterior núm. 8/2022 de data 29/09/2022. 

2º.- Toma de posesión de Alejandro Manuel Carrera Barreira á vista da credencial remitida pola Xunta Electoral Central (2021-E-RC-6155 do 23/08/2021). 

3º.- Expediente 2176/2022. Ditame da Comisión Informativa de Contas, Facenda, Patrimonio e Persoal, de data 17/11/2022, favorable á proposta da concelleira delegada de Facenda, de data 27/10/2022, de concesión de bonificación de ICIO correspondente ás obras de "confortabilidade, salubridade e accesibilidade" no inmoble sito na rúa Párroco Rodríguez Vázquez, 4 – 6. 

4º.- Expediente 2182/2022. Ditame da Comisión Informativa de Contas, Facenda, Patrimonio e Persoal, de data 17/11/2022, favorable á proposta da concelleira delegada de Facenda, de data 11/11/2022, de desestimación da concesión de bonificación de ICIO correspondente ás obras de "mantemento, reposición e instalación da sinalización da Senda dos Muíños do Tripes" sitas en Muíños da Senda do río Tripes. 

5º.- Expediente 2183/2022. Ditame da Comisión Informativa de Contas, Facenda, Patrimonio e Persoal, de data 17/11/2022, favorable á proposta da concelleira delegada de Facenda, de data 11/11/2022, de concesión de bonificación de ICIO correspondente ás obras de "mantemento do tellado no Muíño da Pousa" sitas en Muíños do río Tripes. 

6º.- Expediente 2385/2022. Ditame da Comisión Informativa de Contas, Facenda, Patrimonio e Persoal, de data 17/11/2022, favorable á proposta da concelleira delegada de Facenda, de data 10/11/2022, de concesión de bonificación de ICIO correspondente ás obras de "conservación e mantemento de solado interior de planta baixa" no inmoble sito na rúa Pracer, 18. 

7º.- Expediente 1788/2022. Ditame da Comisión Informativa de Contas, Facenda, Patrimonio e Persoal, de data 17/11/2022, favorable á proposta da concelleira delegada de Facenda, de data 10/11/2022, de aprobación do Plan Estratéxico de Subvención do Concello de Tui para o período 2022-2023-2024. 

8º.- Expediente 2043/2020. Ditame da Comisión Informativa de Contas, Facenda, Patrimonio e Persoal, de data 17/11/2022, favorable á proposta de alcaldía, de data 05/11/2022, de resolución de recursos de reposición contra o acordo plenario de 26/05/2022 sobre solicitudes de revisión do “Inventario de bens e dereitos municipais/Inventario de vías e camiños municipais.

9º.- Expediente 560/2022. Ditame da Comisión Informativa de Contas, Facenda, Patrimonio e Persoal, de data 17/11/2022, favorable á proposta de alcaldía, de data 05/11/2022, de resolución da alegación e aprobación definitiva da rectificación do “Inventario de bens e dereitos municipais/Inventario de vías e camiños municipais”/rectificación do camiño PE-01042. 

10º.- Expediente 2317/2020. Ditame da Comisión Informativa de Contas, Facenda, Patrimonio e Persoal, de data 17/11/2022, favorable á proposta de alcaldía, de data 14/11/2022, de resolución dos recursos de reposición presentados contra a aprobación definitiva da modificación da Relación de Postos de Traballo do Concello de Tui por acordo plenario do 30/09/2021. 

11º.- Expediente 2484/2022. Ditame da Comisión Informativa de Honores e Distincións, de data 17/11/2022, favorable á proposta do concelleiro delegado de Deporte, de data 11/11/2022, relativa ao cambio de nome do Centro Municipal de Remo de Tui, sito na rúa Olímpicos Tudenses, s/n, pasando a chamarse “Centro Municipal de Remo José Luís Méndez. 

12º.- Expediente 2027/2022. Ditame da Comisión Informativa de Urbanismo, Obras, Contratación e Servizos Municipais, de data 17/11/2022, favorable á proposta de alcaldía, de data 14/11/2022, relativa á resolución de alegacións e aprobación definitiva da renumeración dos inmobles do termo municipal e actualización do padrón de habitantes. 

13º.- Expediente 2416/2021. Ditame da Comisión Informativa de Urbanismo, Obras, Contratación e Servizos Municipais, de data 17/11/2022, favorable á proposta de alcaldía, de data 15/11/2022, relativa ao acordo para a Constitución da Mesa Local de Coordinación Interinstitucional fronte á Violencia de Xénero. 

14º.- Mocións de urxencia. 

B) Actividade de control:  

15º.- Expediente 2378/2022. Dación de conta de información de execución trimestral do Orzamento Xeral 2022 - 3º trimestre. Comunicación información LO 2/2012. 

16º.- Expediente 2377/2022. Dación de conta de información sobre morosidade e PMP a provedores 3º trimestre 2022. 

17º.- Expediente 2395/2022. Dación de conta do Decreto de aprobación do custe efectivo dos servizos no Concello de Tui no exercicio 2021. 

18º.- Dación de conta das subvencións e disposicións de interese dos meses de outubro e novembro de 2022. 

19º.- Dación de conta das resolucións de Alcaldía do núm. 1382, de 26/09/2022 ata o núm. 1734, de 18/11/2022. 

C) Rogos e preguntas: 

20º.- Rogos e preguntas.

 

Ver convocatoria