Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

A corporación municipal de Tui celebra este xoves ás 20h pleno ordinario correspondente ao mes de xuño

29/06/2016

A corporación municipal de Tui celebra mañá xoves, 30 de xuño, ás 20h pleno de carácter ordinario correspondente ao presente mes de xuño coa seguinte orde do día: 

1º.- Aprobación, se procede, de  borradores de actas de sesións  nº5/2016, de 26/05/2016, e nº 6/2016, de 30/05/2016.


2º.- Ditame da comisión informativa de Urbanismo, Obras, Contratación e Servizos Municipais de aprobación definitiva de modificación de Ordenanza sobre Regulación do Tráfico no conxunto histórico de Tui. 


3º.- Ditame da comisión informativa de Ensino, Servizos Sociais, Cultura, Turismo e Deportes de aprobación inicial de Ordenanza Xeral reguladora do funcionamento do servizo de Conservatorio Profesional e Escola de Música Municipal de Tui.


4º.- Control aos órganos de goberno:


4.1. Disposicións de interese.


4.2. Dación de conta das Resolucións de Alcaldía dende o último pleno ordinario.


4.3. Mocións.

4.4. Rogos e preguntas. 

Ver convocatoria