A corporación municipal celebra este xoves pleno ordinario correspondente ao mes de xullo
28/07/2026
A corporación municipal de Tui reunirase en pleno ordinario o xoves, 30 de xullo, ás 20 h. Será a sesión 5/2026. Na orde do día da convocatoria figuran os seguintes puntos:
A) PARTE RESOLUTIVA
- Aprobación das actas de sesións anteriores: ordinaria celebrada o día 28/05/26 e extraordinaria celebrada o día 10/06/26.
- Expediente 2190/2026. Proposta de aprobación da Conta Xeral do Exercicio 2025 así como os Estados e Contas anuais anexos á mesma.
- Expediente 2370/2026. Ditame de Bonificación ou Exención Tributaria. BONIFICACIÓN ICIO PEPCHA. Rúa Antero Rubín, nº 37.
- Expediente 2630/2026. Ditame de Bonificación ou Exención Tributaria. BONIFICACIÓN ICIO PEPCHA. Rúa Cuenca, nº 74.
- Expediente 2993/2026. Ditame de Bonificación ou Exención Tributaria. BONIFICACIÓN ICIO PEPCHA. Avenida de Portugal, nº 82.
- Expediente 4088/2024. Ditame sobre a Addenda nº1 o Convenio Marco de colaboración entre a Deputación Provincial de Pontevedra e o Concello de Tui para as actuacións recollidas no proxecto IDAE NÚM. PR-RENOINN-2024-000142.
- Expediente 3497/2026. Ditame para recoñecemento de compatibilidade.
- Expediente 3498/2026. Ditame para recoñecemento de compatibilidade.
- Expediente 3869/2026. Ditame sobre Festivos Locais para o ano 2027.
- Mocións de urxencia.
B) ACTIVIDADE DE CONTROL
11.Dación de conta das Resolucións ditadas pola Alcaldía e Concelleiras/os delegadas/os dende a número 2026-0775, de data 25/05/26 até a número 2026-1190 de data 24/07/26.
C) ROGOS E PREGUNTAS
Non hai asuntos





