CONVOCATORIA PLENO ORDINARIO - 24 de setembro, xoves, ás 20:00 horas
ORGANO COLEXIADO: Pleno Corporativo.
Nº DE SESIÓN: 9/2015
CARÁCTER: Ordinaria.
RESOLUCIÓN DE ALCALDÍA.- CONVOCATORIA PLENO ORDINARIO
Resolución da Presidencia do órgano colexiado mais arriba mencionado, pola que se convoca sesión de carácter ordinaria.
De acordo co disposto no artigo 46.2 b) da Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das bases de réxime local e o art. 80 do Real Decreto Lexislativo 2568/1986, de 23 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de Funcionamento, Organización é Réxime xurídico das Entidades Locais, esta alcaldía,
RESOLVE:
PRIMEIRO.- Convocar a Sesión Ordinaria do Pleno Corporativo a celebrar o día 24 de setembro, xoves, ás 20:00 horas, e dous días despois á mesma hora en segunda convocatoria en caso de non existir o quórum esixido na primeira, no Salón de Sesións da Casa do Concello, a fin de resolver os puntos incluídos na seguinte.
ORDE DO DÍA
1º.- APROBACIÓN, SE PROCEDE, DO BORRADOR DA ACTA DA SESIÓN ORDINARIA Nº 8/2015, DE 30 DE XULLO
2º.- DITAME DA COMISIÓN INFORMATIVA DE CONTAS, FACENDA, PATRIMONIO E PERSOAL SOBRE APROBACIÓN DA CONTA XERAL CORRESPONDENTE AO EXERCICIO 2014.
3º.- DITAME DA COMISIÓN INFORMATIVA DE CONTAS, FACENDA, PATRIMONIO E PERSOAL SOBRE APROBACIÓN MODIFICACIÓN DA ORDENANZA REGULADORA DO IMPOSTO SOBRE BENS INMOBLES.
4º.- DITAME DA COMISIÓN INFORMATIVA DE URBANISMO, CONTRATACIÓN, OBRAS E SERVIZOS MUNICIPAIS SOBRE APROBACIÓN INICIAL DUN NOVO TEXTO DA ORDENANZA MUNICIPAL REGULADORA DA CONVIVENCIA CIDADÁ EN ESPAZOS PÚBLICOS DO CONCELLO DE TUI.
5º.- DITAME DA COMISIÓN INFORMATIVA DE URBANISMO, CONTRATACIÓN, OBRAS E SERVIZOS MUNICIPAIS SOBRE APROBACIÓN INICIAL DA ORDENANZA REGULADORA DE ORNATO PÚBLICO E LIMPEZA VIARIA NO CONCELLO DE TUI.
6º.- DITAME DA COMISIÓN INFORMATIVA DE URBANISMO, CONTRATACIÓN, OBRAS E SERVIZOS MUNICIPAIS SOBRE A DESIGNACIÓN DE FESTIVOS LOCAIS NO CONCELLO DE TUI PARA O ANO 2016.
7º.- CONTROL ÓS ÓRGANOS DE GOBERNO:
7.1. Disposicións de interese.
7.2. Dación de conta das Resolucións de Alcaldía dende o último pleno ordinario.
7.3. Dación de conta do informe trimestral de intervención de cumprimento das obrigas trimestrais de subministración de información da Lei 2/2012, de 27 de abril, de Estabilidade Orzamentaria e Sustentabilidade Financeira, correspondente ao primeiro e segundo trimestre do 2015.
7.4 Dación de conta das Resolucións de Alcaldía de levantamentos dos reparos interpostos pola Intervención municipal, durante o exercicio 2014, para dar cumprimento ao establecido no artigo 218.3 do Texto refundido da Lei Reguladora das Facendas locais, na súa redacción pola Lei 27/2013, de 27 de decembro, de Racionalización e Sostibilidade da Administración local.
7.5. Mocións.
7.6. Rogos e preguntas.
SEGUNDO.- Notificar a presente Resolución aos concelleiros advertíndolles que, conforme ao disposto polo artigo 12.1 do citado RD 2568/1986, do 28 de novembro, deberán comunicar coa antelación necesaria calquera causa xustificada que implique a imposibilidade de asistir á citada sesión.
TERCEIRO.- Que pola Secretaría municipal se poña a disposición dos Concelleiros a documentación dos asuntos incluídos na orde do día, acompañando a convocatoria copia das actas das sesións anteriores que se sometan a votación, no seu caso.