Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Convocatoria dun minuto de silencio mañá martes ás 12h en repulsa polos asasinatos de Orlando

13/06/2016


O Concello de Tui súmase á convocatoria realizada pola Federación Española de Municipios e Provincias para gardar mañá martes, ás 12h,  un minuto de silencio da casa do concello en sinal de repulsa polos feitos acontecidos na fin de semana en Orlando.


Dende o Concello convídase á cidadanía a participar neste acto co que se manifestará a consternación este graves e lutuosos feitos, ao tempo que servirá de mostra de apoio ás vítimas e as súas familias, e de rexeitamento ante actos de intolerancia coma este.