Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Convócanse 13 postos de venda directa para a Festa Gastronómica que se vai celebrar o 18 de agosto na rúa Lugo

30/07/2018

As asociacións culturais interesadas deben presentar a solicitude de participación este mércores, xoves ou venres por rexistro de entrada

O Concello de Tui convoca 13 postos dobres de venda directa para a VIII Festa Gastronómica que se vai celebrar o sábado, 18 de agosto, de 20 a 00h na rúa Lugo dentro do programa de actividades previstos na VIII Festa do Miño.

Á convocatoria vai dirixida ás asociacións culturais de Tui, que figuren inscritas no rexistro municipal de asociacións, que deberán presentar a súa solicitude no modelo normalizado o mércores 1, xoves 2 ou venres 3 de 9 a 14h por rexistro de entrada na casa do concello. Débese acompañar o impreso da documentación requirida nas bases coma CIF da Asociación, copia do nomeamento de xunta directiva , DNI do presidente, copia dos certificados de manipuladores de alimentos dos membros da asociación que participarán na festa, e carta de produtos que porán á venda cos prezos.

Os produtos que se ofertarán na Festa Gastronómica deberán ser naturais, autóctonos e elaborados artesanalmente. Este evento forma parte programación prevista o sábado 18 de agosto dentro da VIII Festa do Miño.

Bases convocatoria Festa do Miño

Modelo de solicitude