Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Continuan as actividades do Proxecto Letras Galegas da Concelleria de Educación e o CRA Clara Torres

19/05/2010

PROXECTO LETRAS GALEGAS 2010 DA CONCELLERIA DE EDUCACION E O CRA MESTRA CLARA TORRES: COÑECENEDO E RECREANDO A UXIO NOVONEYRA

 

Xa chegamos o ecuador da programación, rematando as actividades con mais contido lingüistico e de recreación de este maravilloso poeta: Uxio Novo Neira. A partir de agora quedan por realizar as actividades de carácter mais cultural e festivo en  xeral, e co mesmo obxectivo de involucrar ao conxunto dos cidadáns para que deixen de ser meros espectadores do Día das Letras Galegas e participen nas diferentes actividades.

 

Para todo o mes de maio desenvolveuse unha programación variada: roteiros poeticos, muiñadas no Tripes para escolares en colaboración cos membros da Asociación de muiñeiros do rio Tripes, programas todos os mércores na Radio Municipal con escolares dos Ceips de todo o municipio, maratóns fotográficos, exposicións de fotografías das diferentes actividades no museo de San Domingos libres nas que cada participante pode ir alí e colgar a súa foto, apertura do Blog de Educación: http://educandoentuipasoapaso.blogspot.com/, onde tamén se atopan fotografias dos roteiros poéticos e da muiñada, exposición de ferramentas agrícolas e de poemas e cartas de amizade por parte da cidadanía no dia das Letras Galegas e continuamos co Concerto das Letras  Galegas no Teatro Municipal.

O vindeiro domingo 23 de maio marcha dende a Ponte Internacional ate a Mariña a carón do Miño e alí paseo no Cabo Fradera. O dia 30 de maio rematamos cunha festa intercultural que se está a organizar dende a recén estreada Oficina de Atención ao inmigrante y emigrante retornado da Concellería de Servizos Sociais.

 

CONCELLERIA DE EDUCACION