Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Continúa a programación do verán coa proxección da película “Cavernícola”

24/07/2018

Será este venres 27 de Xullo as 22:15h na Praza de San Fernando

A segunda xornada do cinema de verán en Tui será este venres, 27 de xullo. ás 22:15h na Praza de San Fernando coa proxección da película “Cavernícola”. Este filme de animación infantil trata do cambio da Idade de Pedra á de Bronce, o que supón para os cavernícolas novos retos para non caer no dominio de Lord Nooth. Dug e o seu xabarín  Hognonb, os protagonistas, xogarán un partido de fútbol para salvar a tribo.

Recordamos que o 3 de agosto as 22:15  proxectarase “Coco” e o venres 24 de agosto “Ferdinand” as 22:00.

O cinema de verán será na Praza de San Fernando agás en caso de choiva, que se trasladará ao Teatro Municipal e se poderán retirar dúas entradas de balde por persoa media hora antes do comeza do película.