Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Continua a peregrinación de municipios lusos e galegos polo camiño portugués

31/05/2010

CONTINUA A PEREGRINACIÓN DOS MUNICIPIOS GALEGOS E LUSOS DO CAMIÑO PORTUGUÉS, ESTA PASADA FIN DE SEMANA ENTRE SAN PEDRO DE RATES E BARCELOS

 

Teñen previsto facer o camiño por etapas, cruzando o río Miño en Tui o

vindeiro 26 de xuño

 

Luns, 31 de maio de 2010. Un grupo de alcaldes e representantes dos concellos pontevedreses e das cámaras municipais portuguesas por onde pasa o Camiño portugués de Santiago tomaron parte este pasado sábado nunha nova etapa do Camiño Portugués que están realizando para a promoción desta ruta e que rematarán en Santiago de Compostela o vindeiro día 31 de xullo.

 

Na etapa celebrada o pasado sábado, 29 de maio, entre San Pedro de Rates e Barcelos, organizada conxuntamente polas Cámara Municipais de Povoa de Varzím e Barcelos, participou o Primeiro Tenente de Alcalde e Concelleiro de Cultura Moisés Rodríguez en representación do Concello de Tui.

 

Esta peregrinación polo Camiño Portugués continua nos vindeiros sábados polos municipios de Barcelos, Ponte de Lima, Padres de Coura e Valença do Minho, tendo previsto a chegada a Tui o sábado 26 de xuño, en que se realizará a etapa entre Valença e O Porriño.

 

Para o concelleiro tudense esta peregrinación posúe un alto interese pois reafirma a centralidade desta vía de peregrinación xacobea que pasa por Tui e o seu carácter histórico, recoñecida como tal polas entidades territoriais de Galicia e Portugal. Amais a propio itinerario ofrece a oportunidade de afondar nas relacións entre as autoridades locais desta zona transfronteiriza, pois este percorrido se realiza nun ambiente de grande amizade.

 

A Agrupación Europea de Cooperación Territorial Galiza-Norte de Portugal promove entre os meses de maio e xullo a visita e o coñecemento en peregrinación do Camiño Portugués a Santiago, no ámbito das conmemoracións do ano Xacobeo 2010. A peregrinación, que comezou o pasado 8 de maio en Porto, prolongarase durante 13 etapas, en cada sábado, tendo coma obxectivo a chegada a Santiago o día 31 de xullo.

 

As primeiras oito etapas se realizan en territorio portugués, e pasaran polos concellos de Porto, Matosinhos, Maia, Vila do Conde, Póvoa de Varzim, Barcelos, Ponte da Lima, Paredes de Coura e Valença do Minho, sendo na novena etapa o día 26 de xuño cando se pase a territorio español cunha travesía en barco polo río Miño desembarcando na cidade de Tui.

 

O obxectivo desta peregrinación dende Oporto ata Santiago é a promoción do camiño de Santiago pola ruta tradicional central do lado portugués e a sensibilización publica polo seu importante valor histórico, patrimonial e paixasístico. Ademais de constituír tamén un factor de identidade galaico-portuguesa e unha oportunidade de afirmación e promoción da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal.