Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

A Consellería de Traballo da Xunta de Galicia, concedeulle ó Concello de Tui 4 cursos de formación para este ano 2015

13/07/2015

Tódalas persoas interesadas, deben anotarse na súa oficina de Emprego ata o día 16 de xullo

Non é preciso ter formación nin titulación específica para os cursos:

1 Operacións auxiliares de montaxe de redes eléctricas que temos previsto iniciar en setembro, con 6 horas diarias de formación, durante 50 días

2 Operacións de fontanería e calefacción - climatización, prevista para iniciar en agosto, con 7 horas diarias, durante 80 días

3 Fontaneiro, prevista para iniciar en este mes de xullo, con 8 horas diarias, durante 101 días

É preciso titulación en ESO, equivalente ou superior, para o curso:

4 Instalación de elementos de carpintería, previsto para iniciar en agosto, con 7 horas diarias, durante 83 días