Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

A conferencia Sectorial de Turismo do Ministerio de Industria, Comercio e Turismo aprobou o PSDT de Tui dotado con 2 millóns de euros

9/05/2023

O Plan de Sostenibilidade Turística en Destino do Conxunto Histórico de Tui é dun dos 9 PSDT aprobados en Galicia polo Goberno.  

O Goberno, a través da Conferencia Sectorial de  Turismo, presidida polo ministro de Industria, Comercio y Turismo, Héctor  Gómez, aprobou 9 proxectos de sostenibilidade turística en Galicia, que  recibirá para a súa posta en marcha 23.235.000 euros correspondentes á  III  Convocatoria extraordinaria do programa de Plans de Sostenibilidade Turística  en Destino 2023, financiada integramente cos fondos Next Generation EU do  Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia.

A Conferencia Sectorial de Turismo, celebrada hoxe martes na sede do  Ministerio de Industria, Comercio y Turismo, detallou os proxectos aprobados  definitivamente.

O Plan de Sostenibilidade Turística de Tui contará con 2.000.000 euros. Busca, por unha banda, a recuperación das murallas, que xogan un  papel moi importante na percepción da cidade histórica e, doutra banda, o embelecemento  da zona da cidade intramuros a través das actuacións como a revitalización dun percorrido  que reforce e visibilice o valor patrimonial da presenza da comunidade xudía na cidade ou a  aposta pola rehabilitación e a dixitalización entre outras.