Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Concurso Fotográfico do Día Internacional contra a violencia de xénero 4ª Ed.: "Relación Home/Muller 100% Positivo"

17/10/2011

BASES:

 

Participantes:

   Poderán participar todas as persoas maiores de 18 anos residentes en España, sen importar a súa nacionalidade.

Tema:

   As fotografías deberán adecuarse ao tema e contidos do concurso. O comité organizador do concurso gárdase o dereito de aceptación das obras segundo se adecúen ou non á temática do concurso.

O temaRelación home/muller 100% positivo”, quere facer fincapé na relación entre a muller e o home, resaltando dunha forma positiva a relación de parella, amizade, convivencia no traballo...é dicir, en todos os ámbitos da vida.

 

   Con este concurso queremos resaltar que aínda que, desgraciadamente, existan víctimas de violencia de xénero, afortunadamente, a maioría de relacións entre homes e mulleres son relacións non violentas. Con esta campaña queremos fomentar este tipo de relacións e que acabemos entre todos coa violencia machista.

Licencia das obras:

   Os participantes no concurso responderán persoalmente da lexítima titularidade e orixinalidade da obra nos termos a que se refire o Texto Refundido da Lei de Propiedade Intelectual, garantindo, pola soa participación neste concurso, dita titularidade así como o carácter orixinal e inédito da obra.

Envío das obras:

   Cada participante poderá enviar un máximo de 3 obras.

   Aceptaranse obras con retoque fotográfico sempre que non se trate de fotomontaxes.

   As fotografías poderán ser en color ou en branco e negro.

   As fotografías, que se presentarán en papel, terán un tamaño mínimo de 20cmx15cm e un tamaño máximo de A3 (42cmx29.70cm). Cada fotografía debe levar un título.

 

   Os traballos presentaranse nun sobre pechado, especificando no seu exterior: “Concurso fotográfico: Relación home/Muller 100% positivo, 3ª edición” que poderá ser entregado directamente na oficina ou ser enviado por correo ao Concello de Tui. Os traballos presentaranse nun sobre, máximo 3 fotografías (recordade titular cada fotografía), e xunto a este sobre presentarase outro sobre pechado cos datos do autor/a: Nome e apelidos, enderezo, nº de teléfono e fotocopia do DNI.


Prazos:

   O prazo de recepción das fotografías finalizará o 15 de novembro de 2011, ata as 12h.

Fotografías finalistas e exposición:

   Coas fotografías premiadas e seleccionadas (un total de 50 fotografías) realizarase unha exposición na Area Panorámica.

O 25 de novembro comunicarase a decisión do xurado aos finalistas, por teléfono, e farase público a través da Radio Municipal de Tui.

Os autores seleccionados para a exposición cederán os dereitos de utilización, exposición, reproducción e distribución pública das obras seleccionadas, para uso exclusivo das accións relacionadas co concurso en cuestión.

Comité de organización e xurado:

O comité organizativo estará composto polas Técnicas de Servizos Sociais, e o xurado será nomeado por este comité.

 

Premios:

O xurado elixirá as fotografías finalistas que mellor se axusten aos criterios do concurso, tomando en consideración a súa calidade técnica e artística, e a temática das mesmas.

Os premios poderán declararse desertos.

 

-O finalista recibirá un premio de 300 €, e será agasallado cunha estancia dunha fin de semana gratuíta para dúas persoas en calquera Parador de Turismo de España.

-2º finalista recibirá un agasallo dunha estancia dunha fin de semana para dúas persoas no Parador de Turismo San Telmo de Tui.

-3º finalista recibirá un agasallo dunha comida para dúas persoas no Parador de Turismo San Telmo de Tui.

Tui, 27 de setembro de 2011

 

Descargar en PDF