Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Concerto solidario de Nadal da Escola de Música e do Conservatorio de Tui

16/12/2015

O Teatro Municipal de Tui acolle mañá xoves, 17 de decembro, ás 20h, o Concerto de Nadal da Escola de Música e do Conservatorio de Música Profesional de Tui. Este evento musical terá carácter solidario xa que para obter unha entrada deberase aportar un quilo de alimentos que será doado a SOS Tomiño- Baixo Miño. Dende ás 18.30h poderanse xa entregar alimentos no vestíbulo do teatro.

 

Actuarán os alumnos de 5 e 6 anos de Música e Movemento, un conxunto de corda, un grupo de clarinetes, así coma intérpretes solistas de violín, tuba, piano, un grupo vocal e un combo de alumnos e profesores.  En total serán 10 actuacións nas que participarán aproximadamente 50 persoas.

 

Ao día seguinte, venres 18 de decembro, a orquestra de corda e a banda de música do Conservatorio tudense ofrecerán un novo concerto de Nadal ás 20h no Liceo Casino.