Concerto de fin de ano no Teatro Municipal o mércores 29 ás 21 horas
Música para despedir o ano en Tui
A Coral da S. I. Catedral e a Banda de Música Popular de Tui ofrecerán o último concerto de 2010
Ás entradas están xa á venda en www.culturatui.info ao prezo único de 2€
Martes, 28 de decembro de 2010. A programación cultural de Tui péchase mañá mércores, 29 de decembro, co tradicional concerto de Fin de Ano para o que a Concellería de Cultura confía en dúas agrupacións locais coma son a Coral da S.I. Catedral de Tui e a Banda de Música Popular de Tui. Estas dúas agrupacións son protagonista dende hai máis dunha década deste evento musical que pecha o ano musicalmente na cidade. A cita será mañá mércores, ás 21h no Teatro Municipal de Tui.
A Coral da S.I. Catedral, acompañada ao órgano por Don Angel Viro Caamaño e dirixida por Don Agustín Sobral Rodríguez, interpretará:
- Gloria In Excelsis Deo.............................................Martinez Posse
- Navidad, Navidad, Navidad ....................................A. Machín
- La Sirena (habanera)..............................................Arm. Rey Rivero
- La Golondrina (habanera)......................................Juárez
- Negra Sombra .......................................................Juan Montes
- Caminemos............................................................Heriverto Martins
- Tannhauser (C. Peregrinos)...................................R. Wagner
- El Peregrino ..........................................................Arranxos de Angel Viro
Mentres a Banda de Música Popular de Tui baixo a dirección de Don Adolfo Besada vai ofrecer:
- Santander (pasodoble) ........................................... E. Rosillo
- Katiuska - 1ª fantasía ............................................. P. Sorozabal
- Voces de Primavera (vals) ..................................... J. Strauss
- Danubio Azul (vals) ................................................. J. Strauss
- Tronos e relámpagos .............................................. J. Strauss
- Radetzky (marcha) ................................................. J. Strauss
Para rematar as dúas agrupacións interpretarán de xeito conxunto Nabuco e a Adeste Fidelis.
As entradas están xa á venda en www.culturatui.info ao prezo único de 2€ ata o mércores ás 12h e logo a partir das 19.30h pódense adquirir no despacho de billetes da Área Panorámica.
Concerto de Fin de Ano
Lugar: Teatro Municipal
Data e hora: Mércores, 29 de decembro ás 21h
Entradas: 2€
Venda de localidades: en www.culturatui.info ata o mércores ás 12h ou o mércores dende ás 19.30h no despacho de billetes da Área Panorámica