Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Concerto da Orquestra do Norte no Teatro Municipal de Tui

11/03/2016



Será mañá sábado  ás 20h baixo o título de “De Oriente a Occidente”


De Oriente a Occidente ” é o título do concerto que a Orquestra do Norte , de Porto (Portugal), vai ofrecer mañá sábado, 12 de marzo, ás 20h no Teatro Municipal de Tui. Este evento organizado pola Eurocidade Tui-Valença forma parte do ciclo “Música nos Caminhos de Santiago ”.


Baixo a dirección de José Ferreira Lobo van interpretar “Nas Estepas de Asia Central” de Alexander Borodin, “O barbeiro de Sevilla” de Gioachino Rossini  a e Suite nº1 e a Danza Bohemia de “Carmen” de Georges Bizet.


A Orquestra do Norte ten desenvolvido dende 1992 un traballo pioneiro e inédito logrando o recoñecemento nacional e internacional.  A creación de novos públicos, o apoio á música e aos músicos portugueses e a constante renovación do repertorio son parte dos obxectivos básicos desta formación.


A Orquestra do Norte está dirixida dende a súa fundación por José Ferreira Lobo.


As entradas están á venda en www.culturatui.info ata mañá sábado ás 12h ou o mañá pola tarde dende ás 18.30h no despacho de billetes ao prezo de 5€ e 4€.


Concerto da Orquestra do Norte


Lugar: Teatro Municipal de Tui


Data: Sábado, 13 de marzo, ás 20h


Entradas: á venda en www.culturatui.info ata mañá sábado ás 12h ou o mañá pola tarde dende ás 18.30h no despacho de billetes


Prezo: 5€ e 4€.