Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Concentración en Tui da Selección Española Feminina de Kaiak Polo

12/08/2021

Tres deportistas do Club Piragüismo Penedo Te Importa forman parte do equipo nacional

Esta  fin de semana Tui será sede da concentración da selección nacional feminina de Kaiak Polo. O equipo nacional preparará na cidade o Campionato de Europa que se disputará en Catania (Sicilia-Italia), do 3 ao 10 de outubro.

A Selección Española Feminina de Kaiak Polo que se vai concentrar en Tui estará conformada por 11 deportistas, entre as que estarán tres padeeiras do Club Piragüismo Penedo Te Importa, Eva Ara, Ainhoa Castro e Laura Fernández e un adestrador.

O Centro Especializado en Tecnificación Deportiva de Remo e Piragüismo e a lagoa de Caldelas, serán as instalacións a utilizar polas deportistas para os adestramentos. A presenza da Selección Española Feminina de Kaiak Polo na cidade confirma a Tui, como sede de concentracións de equipos nacionais, tras a estancia da Selección Uruguaia de Remo, que preparou aquí os Xogos Olímpicos de Toquio.

As deportistas concentradas serán:
•    Nuria Cañas Fernández, Valencia 
•    Mar Andreu García, Valencia 
•    Yolanda Hermida Gómez, Ferrol
•    Almudena Sanz Madera, Madrid 
•    Regina del Pilar Calvo López, Madrid 
•    Ainhoa Castro Campos, Penedo 
•    Eva Ara Giráldez, Penedo 
•    Laura Fernández Suárez, Penedo 
•    Beatriz Carmona Quevedo, Murcia 
•    Laura Bueno, Murcia 
•    Lidia Romeu Solaz, Picassent (Castellón) 
•    Eduardo Pérez Peña, Burriana (Castellón) – Seleccionador Nacional