Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

A Concelleria de Turismo e Apit Galicia organizan visitas guiadas os martes e venres

4/07/2012

A CONCELLERIA DE TURISMO E A ASOCIACIÓN PROFESIONAL DE GUIAS TURÍSTICOS ORGANIZA VISITAS GUIADAS OS MARTES E VENRES ÁS 12,00 HORAS

A visita deste venres será de balde para todos os asistentes

 

A Concellería de Turismo do Concello de Tui xunto con APIT GALICIA (Asociación Profesional de Guías Turísticos de Galicia) teñen acordado a celebración de Visitas Guiadas Peonís pola cidade de Tui a partir deste venres 6 de Xullo de 2012.

 

Trátase dunha visita circular para coñecer a historia e a beleza do casco histórico tudense, pasando polos lugares máis importantes da cidade monumental. Desde a Igrexa de S. Francisco, accedendo ao interior da cidade vella pola Porta da Pía ata a marabillosa Catedral, sen nos esquecer San Telmo patrón de Tui e ás Clarisas ou “Encerradas”, para finalizar coa igrexa de San Domingos, dando un bonito paseo polos xardíns exteriores ata voltar ao punto de partida da visita.   

 

As visitas terán lugar todos os martes e venres ás 12h e terán unha duración de 90 min. aproximadamente. O punto de encontro para as mesmas será na Glorieta de Vigo, onde a persoa responsable de guiar a visita será recoñecida por levar un paraugas amarelo e pola debida acreditación.

 

O prezo será de 7€ e terá un custo de 3€ para peregrinos e residentes en Valença e Tui, sendo o a visita do 6 de Xullo gratuíta para todas as persoas que desexen achegarse a coñecer esta iniciativa.

 

Para a concelleira  de turismo do Concello de Tui, Raquel Lorenzo Pimentel, con esta proposta se oferta unha nova actividade dirixida á posta en valor e divulgación do conxunto patrimonial tudense e que levará adiante profesionais competentes nesta materia.

 

Para máis información contactar no número de teléfono 655757988 ou directamente na Oficina Municipal de Turismo de Tui.