Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

A Concelleria de Servizos Sociais promove a creación de Escolas de Nais e Pais

19/10/2007

A CONCELLERIA DE SERVIZOS SOCIAIS PROMOVE A CREACIÒN DE “ESCOLAS DE NAIS E PAIS”

 A partir da vindeira semana darán comezo as ESCOLAS DE NAIS E PAIS que a Concelleria de Servizos Sociais do Concello de Tui, a través do seu departamento de Prevención e Incorporación Social das Drogodependencias e o Programa de Educación Familiar, porá en marcha ao longo deste curso escolar, nos diferentes colexios do municipio. 

EN QUE VAN CONSISTIR AS ESCOLAS DE NAIS E PAIS? 

Por medio das A.N.P.A.S. dos diferentes centros e ao longo deste curso escolar organizarase unha charla-coloquio en cada un dos colexios, co obxecto de coñecer qué é o que máis lles preocupa aos pais e as nais na educación dos seus fillos e fillas.Unha psicóloga farase cargo de impartir estas charlas que terán carácter participativo. As nais e os pais poderán consultar coa profesional a cerca das súas dúbidas e dificultades coa educación dos seus fillos e fillas. 

¿QUÉ TEMAS TRATAREMOS NAS ESCOALS DE NAIS E PAIS? 

Serán as nais e os pais os que elixan os temas que queren tratar, entre outros os temas propostos son: Establecemento de normas, límites e castigos.Habilidades de comunicación cos nosos fillos e fillas.O comportamento dos fillos e fillas e as posibilidades de cambio.Educación sexual na infancia e adolescencia.Como lograr unha autoridade positiva.