Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

A Concelleria de Servizos Sociais convoca o II Concurso fotográfico "Relación home muller 100% positivo"

7/10/2009

A CONCELLERIA DE SERVIZOS SOCIAIS CONVOCA O II CONCURSO FOTOGRÁFICO "RELACION HOME MULLER 100% POSITIVO"

 

Para conmemorar o Día Internacional contra a violencia de xénero

 

 

Mércores, 7 de outubro de 2009. A Concellería de Servizos Sociais do Concello de Tui convoca o II Concurso fotográfico conmemorativo do Día Internacional contra a violencia de xénero mantendo, como na anterior edición, como temática deste certame a "relación home muller 100% positivo".

 

Para a concelleira Patricia Ricón este tema "Relación home/muller 100% positivo", quere facer fincapé na relación entre a muller e o home, resaltando dunha forma positiva a relación de parella, amizade, convivencia no traballo...é dicir, en todos os ámbitos da vida. Con este concurso, engade, queremos resaltar que aínda que, desgraciadamente, existan vítimas de violencia de xénero, afortunadamente, a maioría de relacións entre homes e mulleres son relacións non violentas. Con esta campaña queremos fomentar este tipo de relacións e que acabemos entre todos coa violencia machista.

 

Logo da positiva acollida desta iniciativa o pasado ano, se convoca esta nova edición con dúas categorías,  para menores de 16 anos e maiores desa idade, que poderán presentar ata 3 fotografías antes do 14 de novembro,nas dependencias do Concello. Coas obras presentadas se organizará unha exposición pública.

 

O premio é de 350 euros para o gañador da categoría de maiores e haberá un premio especial para os menores de 16 anos de idade consistente nun agasallo por valor de 100 euros.

 

Ver as bases no apartado "Outros" desta páxina web.