Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

A Concellería de Cultura pon en marcha un Servizo de Información ao público ao través do correo electrónico

17/07/2007

A Concellería de Cultura pon en marcha un Servizo de Información ao público ao través do correo electrónicoLuns 16 de xullo de 2007. A Concellería de Cultura do Concello de Tui vén de por en marcha un Servizo de Información ao Público ao través do correo electrónico. Desde xeito, e empregando as novas tecnoloxías, o departamento de Cultura enviará directamente ao enderezo proporcionado pola persoas que se dean de alta información sobre os distintos espectáculos que organiza ao longo do ano. Para darse de alta neste servizo o usuario terá que enviar un correo electrónico a publico.cultura@concellotui.org, posteriormente será confirmada a súa alta.  Dende que o pasado xoves se presentou a programación cultural do segundo semestre e se anuncioiu este novo servizo comezaron a chegar xa as primeiras inscricións.  Desde xeito contribúese a difusión da actividade cultural na cidade que se publicita na Axenda Cultural Corredoira, e que este ano amais de co correo electrónico tamén se dará a coñecer na valla instalada no lateral dereito da Área Panoramica.