Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

A Concelleria de Cultura edita un folleto para os peregrinos en seis idiomas

5/03/2010

A CONCELLERÍA DE CULTURA EDITA UN FOLLETO PARA OS PEREGRINOS EN SEIS IDIOMAS

 

Venres, 5 de marzo de 2010. A Concellería de Cultura do Concello de Tui ven de editar un folleto de carácter informativo dirixido aos peregrinos que se achegan á cidade polo Camiño Portugués de peregrinación en seis idiomas: galego, castelán, portugués, inglés, francés e alemán. A información que figura nesta publicación é moi sinxela e abrangue: os principais monumentos ou lugares de interese a visitar na cidade, os teléfonos de maior utilidade para os peregrinos (albergue, centro de saúde, etc.) e, finalmente, os teléfonos de contacto nos seguintes albergues emprazados neste Camiño Xacobeo: Porriño, Mos e Redondela.

 

Para o concelleiro de Cultura tudense con esta edición trátase de ofrecer aos peregrinos, que conforman un segmento turístico moi específico, pois a súa estadía na cidade cínguese en xeral a unhas horas, como máximo media xornada. Con esta información sucinta que fornece este novo folleto o Concello de Tui pretende informar e animar aos peregrinos a visitas os principais lugares de interese turístico, especialmente a Catedral.

 

O concelleiro, Moisés Rodríguez Pérez, explica que a edición deste folleto será complementada axiña coa edición dun novo folleto turístico da cidade así como un rueiro que substituirán aos actualmente existentes e ofreceran tamén en vario idiomas unha información máis ampla sobre as posibilidades dunha visita turística á nosa cidade.

 

Coa saída do prelo desta material o Concello de Tui continúa a traballar na promoción da nosa cidade como "Porta do Camiño Portugués", como quedou evidenciado coa visita onte do grupo de xornalistas especializados en Turismo que visitaron á nosa cidade. Outras liñas de traballo nesta promoción de Tui como "Porta de Entrada do Camiño Portugués" están ampliando o número amigos existente no perfil de Facebook "Tui Camino de Santiago", que supera xa os 1350 seareiros, ou coa inmediata apertura no Centro de Interpretación do Camiño Portugués, no antigo convento de San Domingos, en plena ruta xacobea, etc.