Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

A Concelleria de Cultura convoca o concurso para a elección do cartel das festas de San Telmo 2010

21/01/2010

A CONCELLERÍA DE CULTURA CONVOCA O CONCURSO PARA A ELECCIÓN DO CARTEL DAS FESTAS DE SAN TELMO 2010

 

A Concellería de Cultura do Concello de Tui, coa colaboración da Comisión de Festas, convoca un concurso para a elección do cartel anunciador das festas patronais de San Telmo 2010, logo da positiva experiencia do pasado ano 2009 en que por vez primeira foi realizado este concurso no que resultou gañador o cartel presentado pola tudense Silvia Villaverde Míguez.

As personas interesadas en participar neste certame teñen de prazo ata o vindeiro día 26 de febreiro de 2009  para enviar ou entregar os traballos nun soporte ríxido, coa finalidade de organizar unha exposición pública dos mesmos. Nas bases establécese un único premio de 500 euros.

O contido das obras presentadas deberá referirse ás Festas de San Telmo da cidade de Tui. O/s autor/es tentarán plasmar referencias desta Festa e desta cidade na súa proposta, destinada a ser utilizada como imaxe oficial deste evento. No cartel deberá figurar o seguinte texto: "Tui, festas de San Telmo 2010, 3 - 12 de abril. Festas de Interese Turístico Galego".

Para o concelleiro de cultura tudense, Moisés Rodríguez Pérez, con este certamen pretendese dotar dunha imaxe artística e atractiva ao cartel anunciador das festas patronais tudenses, ao tempo que promove e valoriza a creatividade de artistas e deseñadores tanto tudenses como foráneos.

As bases poden consultarse na páxina web do Concello de Tui: www.concellotui.org.