Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

A comparsa "Cantos somos" leva o primeiro premio absoluto no Entroido de Tui, que presenciaron milles de persoas

17/02/2010

Miles de persoas ateigaron as rúas por onde transcorreu o desfile

 "Cantos Somos" lévase o primeiro premio absoluto no Entroido de Tui

En carrozas o primeiro premio foi para O Borralliño de Soutelo, e en "Paradia" para "Polo puto aire" de Rebordáns

 

Martes, 16 de febreiro de 2010. A comparsa "Cantos Somos" de Tui con "Asistiranos este santo?" foi a gañadora na categoría xeral do Concurso-Desfile de Entroido en Tui celebrado esta tarde ante miles de persoas que ateigaron as rúas novas da cidade.

 

Unha representación na que se mesturaba a sátira política local, coa fusión das caixas galegos e do Xacobeo inspirou a esta veterana comparsas tudense na súa representación na que levaban peregrinos de toda índole e idade, acompañados dunha representación dunha parte da Catedral co bispo, o botafumeiro e o "Santo" neste caso particular e un pouco irreverente.

 

O segundo premio na categoría xeral na que competiron de xeito conxunto grupos e comparsas foi para Borralliño de Soutelo cunha magnífica representación medieval na que non faltou o castelo, a corte e as loitas;  e o terceiro correspondeu a "A piratería Somalí" da Asociación "O Mosteiro" de Pexegueiro, cunha parodia dos ataques piratas.

 

Na categoría de carrozas o castelo de Borralliño de Soutelo, con almenas abatibles para poder pasar por baixo do alumeado, levouse o primeiro punto. O premio estivo moi reñido quedando segundo a carroza dun avión de guerra do grupo de Rebordáns "Polo puto aire" cunha magnífica recreación da que incluso se tiraron tres paracaidistas. O terceiro premio correspondeu ao barco de pesca da Piratería Somalí.

 

En acompañamento musical o primeiro premio foi para Cantos Somos de Tui, o segundo correspondeu a "Piratería Somalí" da Asociación Cultural "O Mosteiro" de Pexegueiro, e o terceiro correspondeu á "Festa medieval" da Asociación Cultural "A Insua" de Caldelas.

 

Este ano creouse amais o premio de "Parodia" buscando recuperar o espírito do Entroido tudense. Nesta categoría o primeiro premio foi os paracaidistas de "Polo puto aire" de Rebordáns, o segundo correspondeu a "O Borralliño de Soutelo" pola súa representación medieval, e o terceiro para foi para "Cantos Somos".

 

Amais o xurado decidiu este ano conceder catro accésit de 100€ a "Os Macanudos" de Gondomar, a "Luces" de Tomiño, á "Homenaxe a Michael Jackson" da Asociación Cultural Santa Columba de Ribadelouro, e á Revolución Show de Tomiño.

 

O Entroido despedirase o domingo en Tui co enterro do Bacallau que partirá ás 19.30h dende a Praza de San Fernando e no que deben participar os grupos e comparsas participantes.